XIII SEMANA DE POESÍA SALVAXE 2021

Descripción de Programa O Lar das Letras [Novos Engadidos] Especial Semana da Poesía Salvaxe



Programa "O Lar das Letras" [Programa VI] Especial XIII Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol [Podcast do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción)]


Sexto programa do Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción), nesta ocasión facemos un Especial XIII Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol comezando coas proclamas e o manifesto, seguido dun breve monográfico, logo unha entrevista a Juán Carlos Valle "Karlotti" e a Guillermo Ferrández, ambos fundadores da Semana da Poesía Salvaxe. Continuamos este especial con a sección A Palabra Encarnada, con poemas de Antonio Origuela, Eugenia Sanmartín, Roger de Flor, Fefi, Estevo Creus, Eli Z, Lucía Aldao, Lupe Ces, Helga Méndez, Loreto de Castro, Miguel Costoya, Xurxo Gago, Eva Veiga, Víctro M. Diez, Suin Al, Carlos d'Abreu e Juán Carlos Valle "Karlotti". Despois dos e das poetas temos a sección Que Ler e finalizamos coa sección habitual de O Parnaso Ártabro cos poemas de integrantes do noso Colectivo Literario Moraima (A Grafía da Emoción).


Acompañamos este programa coa música de Manolo Bacallau, Roger de Flor, Paco Ibañez, Eugenia Sanmartín e Chicho Sánchez Ferlosio.




A XIII (Catorce Anos) Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol adíase para abril do 2021. A poesía é un antídoto contra calquer tipo de pandemia, afirma Carlos Valle, Karlotti.

ESCOITA O PODCAST:

Nos últimos trece anos, o mes de abril enche de poesía a cidade de Ferrol. Estaba prevista a XIV Semana da Poesía Salvaxe os dias 23, 24 e 25 deste mes que acaba hoxe, pero a crise sanitaria impediu que a poesía enchese as rúas e prazas de Ferrol este ano. Máis, como dí un dos seus organizadores, Carlos Valle -Karlotti-  “a poesía é un antídoto contra todo tipo de pandemias políticas pero tamén destas” . Tratarán de superar esta situación, afirma Karlotti, e celebrar a Semana da Poesía Salvaxe dentro dun ano no 2021 por todo o alto, “dun xeito grandioso”.

Carlos Valle amósase emocionado ao ver como a xente colgou nas redes sociais imaxes e recitais que resumen os 13 anos de vida do evento poético ferrolán. Emociónase Karlotti ao recordar que foron 160 os e as poetas que desfilaron pola Semana da Poesía Salvaxe. Lembra que empezaron cunha proposta modesta hai 13 anos. “Como non se lía poesía, decidimos que se escoitara traendo aos poetas ao mercado, ás prazas, para que a xente os sentira e se familiarizara con eles”, explica o alma mater desta singular iniciativa.

Reflexiona Carlos Valle sobre como na II República a poesía formaba parte da sociedade e da escola, “os nosos país e avós recitaban de memoria”  e como despois do franquismo a poesía volvía tomar o seu lugar. A propósito desta reflexión lémbranos Karlotti, a modo de flash, cando actuou Paco Ibañez no Teatro Xofre, a Manolo Bacallau e Eugenia Sanmartín compartindo escenario e a Manolo Rivas e o poeta portugués Nuno Judice o ano pasado no Auditorio municipal, como os grandes colofóns máis recentes da Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol. Conclúe Karlotti a conversa con nós, convencido de que “a poesía é a única maneira de traducir o silencio do mundo”.

(Imaxe recente de Carlos Valle)

Comments